Un deses casos é o de Sergio Janeiro que seguirá unha tempada máis defendendo as cores do Praias de Barreiros FS e volverá a poñer a súa experiencia ó servizo do grupo.
Borja Rocha e Miguel Dos Reis tamén seguirán defendendo a camisola do conxunto barreirense a próxima tempada na Liga Gallega Norte de fútbol sala.
Rubén Novas “Cholas” será un dos encargados de defender a portería do Praias de Barreiros FS tras renovar por unha tempada.
Ademáis destas renovacións, o conxunto barreirense tamén confirma a volta de Adrián Juiz, que rematou a pasada tempada nas filas do Iberia C.F.