Site icon Crónica3.com A Mariña

Rhodéa Blasón firmará exemplares da segunda edición de “Pedazos de mi alma” na Feira do Libro de Monforte

A escritora, xornalista e antropóloga social Rhodéa Blasón estará o venres 28 de agosto pola tarde na Feira do Libro de Monforte firmando exemplares da súa nova obra “Pedazos de mi alma” coa que acadou os primeiros postos dos libros máis vendidos en portais dixitais coma Amazon, en Latinoamérica onde foi best seller durante varias semans e conseguindo alcanzar en España unha vertixinosa 2ª edición cando todavía non fai un ano da súa presentación.

Rhodéa Blasón e unha escritora moi cercana ós seus lectores que se achegan onde ela nos lugares onde acude as firmas literarias buscando a súa sensibilidade e as súas dedicatorias personalizadas e cheas de afecto para cada lector. En moitos ambientes literarios Rhodéa Blasón é considerada como unha Mestra do microrrelato de intriga e suspense e a crítica considéraa unha poeta excepcional que se caracteriza pola súa delicadeza e percepción da realidade a través de símiles y metáforas.

Rhodéa Blasón é unha gran coñecedora dos diferentes estractos da nosa sociedade os que reivindica continuamente na súa faceta de columnista en diferentes medios de comunicación.

Ademais, Rhodéa Blasón conseguiu entrar en dúas novas antoloxías internacionais con escritores de todo o mundo.

Exit mobile version