Site icon Crónica3.com A Mariña

Shiori: “Estou moi contenta por regresar a Burela”

shiori-renovacion1516Burela, 24 de agosto de 2015.- Outra das caras xa coñecidas do CD Burela FS Pescados Rubén 2015-16 chega con aires de Oriente. A ala-pivote Shiori Nakajima, que non puido finalizar a tempada coas laranxas por motivos burocráticos, volve á entidade galega moi ilusionada. “Estou moi contenta por regresar a Burela; sempre foi a miña primeira opción. No meu primeiro ano a integración foi moi boa e estou aprendendo moito en Galicia, dunha cultura moi interesante”. O presidente da entidade mariñá, Manuel Blanco, e o directivo Alberto Fernández aplaudiron a renovación da internacional nipona, que cumprirá a súa segunda campaña na Mariña, salientando “a súa fortaleza e compromiso co equipo”.

O sábado, na segunda cita de pretempada para as mariñás, Shio estreouse na súa conta goleadora, aínda que non lles serviu ás laranxas para facerse coa vitoria en Ourense. A 18 burelista adiantouse no minuto 10, aínda que en dous erros puntuais o Ourense Envialia deu a volta ao marcador (minutos 19 e 31). Na recta final, con Peque abandeirando o xogo de cinco, chegou o definitivo 3-1 para as locais.

Coa axenda aínda aberta para posibles amigables, o cadro de Lucas continuará co seu programa de adestramentos coa mirada posta no 6 de setembro, data do partido de ida de Supercopa de España, fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero (Vista Alegre, 13.00 horas).

Exit mobile version