As actividades culturais do verán deste 2015 continúan no castelo de Castro de Ouro coa exposición “Galicia conservando a natureza” con pinturas de Hipólito Xeada que se pode visitar de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas e as fins de semana tamén de 11.00 a 14.00 horas.
Pero, ademais, este venres 14 de agosto a partir das 11.30 horas cunha ruta pola Área Recreativa da Ponte Nova á Feira do Trece. E o sábado 15, a partir das 12.00 horas, Pepe Penabade, Manuel Lourenzo e Emilio Méndez Corral ofrecerán un coloquio sobre o oficio da malla.
Finalmente, o venres 28 de agosto Manuel Lourenzo, do Club de Teatro Elsinor, pecha a programación cultural do Concello de Alfoz con “A técnica do taratantanleo” a partir das 20.00 horas.