Site icon Crónica3.com A Mariña

“Traca-Traco” será presentado tamén en Burela

Despois de presentarse na Feira do Libro de Viveiro, este sábado 22 de agosto ás 19.30 horas, presentarase no porto de Burela o libro “Traca-Traco” con 24 nanas, un aloumiño e un arolo da editorial Cumio.

O libro contén 30 ilustracións e a portada a todo color de Otero Regal e outros tantos pequenos poemas e letras de cancions de Paco Rivas, e un CD con música e as partituras das cancións nas que participan mais de 30 músicos galegos, dos que cabe destacar a participación de Fuxan os ventos, Moncho Díaz, Juan Carlos García, Laura Blanca de la Barrera… entre outros.

Na presentación estará Paco Rivas, autor dos poemas, Otero Regal, autor das ilustracions, o editor de Cumio, e algún dos músicos que participaron no proxecto.

Está é quinta publicación na que colaboran dous amigos nacidos na parroquia focens de Nois: Paco Rivas -cos textos- e Otero Regal -coas ilustracions-. Poeta e deseñador gráfico continuarán a colaborar; xa que contan xa co material entregado nunha editorial para un novo libro sobre o mundo infantil.

Exit mobile version