Site icon Crónica3.com A Mariña

Últimas prazas para a ED Burela FS 15-16

A ED Burela FS volve abrir a matrícula 2015-16 para as últimas prazas de cara a 2015-16. No novo curso a escola laranxa contará con 6 grupos; xunto a Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil, estréase Iniciación, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011. Cada categoría terá un máximo de 30 alumn@s. O prazo rematará o 30 de setembro ou a medida que se vaian cubrindo as vacantes.

A inscrición continuará a ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.

Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e dúas fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas de 70 euros; os cargos realizaranse en outubro e febreiro.

Os alumnos/as da ED recibirán un pack deportivo con material de primeirísima calidade composto por chándal, sudadeira, bermuda, camiseta, mochila, dúas camisetas de adestramento, pantalón de adestramento e chaquetón. O sponsor oficial do club, Living Sport (Trapero Pardo, 14, Foz), encargarase de xestionar o material para cada neno/a (importe: 150 euros).

As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815. Horario de atención ao público: De luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas)

Comezo de curso
A ED Burela FS arrancará o curso o luns 21 de setembro. Antes, o profesorado da escola terá reunións informativas con todas as categorías.

Exit mobile version