Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de nenos e nenas da Ocioteca de Burela foron este mércores en bicicleta á praia con Gaia

DSCN0787Burela, 19 de agosto de 2015.- Á praia en bicicleta, así se denomina a actividade libre que este mércores realizaron as monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, cun grupo de nenos e nenas da Ocioteca.

Segundo explican as propias monitoras “os participantes visitaron Cerezo Bikes, un referente no ciclismo, onde nos explicaron a súa afección ás bicis e amosáronnos cascos de seguridade para a práctica dalgúns deportes máis perigosos.Os nenos puideron ver algunhas das bicis para practicar certos deportes de máis risco como son maratóns, onde hai que baixar pendentes,etc”.

Desde Gaia engaden que “posteriormente dirixímonos ao paseo marítimo para facer o percorrido montados nas súas propias bicicletas dende a praia de O Portelo ata a de Ril (ida e volta)”.

A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Ben, visitou aos participantes “para felicitalos por esta iniciativa, una actividade ao aire libre que pretende fomentar a utilización dun medio de transporte sostible e un cambio nos modelos e patróns de mobilidade á praia”.

Exit mobile version