Site icon Crónica3.com A Mariña

“Un largo camino de rosas blancas”, de Marisol Moreda, será presentado este mércores en Ribadeo

IMG_8204Ribadeo, 4 de agosto de 2015.- O Cine Teatro acollerá este mércores, 5 de agosto, a presentación do libro Un largo camino de rosas blancas, da escritora mariñana Marisol Moreda. Será a partir das 20:30 horas.

Asistirán: o concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña; Pablo Fernández Asensio, xefe de coordinación dá Área de Mar para A Mariña e Ortegal; Antonio Nores Quesada, director provincial da TGSS e do INSS en Lugo; Marisa Gil, presidenta da asociación Treacher Collin; Jessica Guerreiro, responsable de Feder Galicia; Cristina de Josh, escritora; Primi Nécega, articulista; e Marisol Moreda, autora do libro e presidenta da ong Otro mundo es posible.

Os fondos recadados da venda do libro, que conta unha historia de superación ambientada na postguerra, irán destinados á investigación sobre enfermidades raras e minusvalidez. En España hai tres millóns de persoas afectadas por estas patoloxías, que precisan da sensibilización das administracións, da sociedade e dos medios de comunicación. Nesta idea insistiuse no acto de presentación de Un largo camino de rosas blancas, que tivo lugar no Cenima de Foz, e ao que asistiron: Pablo Fernández; Antonio Nores; Marisa Gil; Jessica Guerreiro; Primi Nécega e tamén o alcalde de Foz, Javier Castiñeira.

Marisol Moreda está moi satisfeita da acollida que a devandita presentación obtivo en Foz.

Exit mobile version