Site icon Crónica3.com A Mariña

Varias rúas de Vilanova permanecerán pechadas entre o 26 e o 31 de agosto debido ás festas do Conde Santo

Lourenzá, 24 de agosto de 2015. O Concello de Lourenzá pechará entre os días 26 e 31 deste mes de agosto, por mor das Festas Patronais do Conde Santo, diversas rúas de Vilanova.

O venres 28 pecharanse a partir das 15.00 horas as rúas Fernández del Riego, Muíño do Frade e Secretario Luis Iglesias. O sábado 30 de agosto a partir das 9 horas non se poderá circular pola Travesía da Mariña, por Avelino Montero Villegas, Paseo de Oya nin por un tramo da Avenida de Mondoñedo (ata a confluencia coa Avenida do Val).

O trazado alternativo discorrerá pola Avenida do Val e a Carretera de Trabada, que discorre por detrás do Mercado Comarcal Gandeiro ata a rúa Casas Novoa.

A rúa Paseo de Oya quedará cortada tamén ao tráfico dende este mércores, día 26 de agosto, ata o remate das festas.

A parada de autobús será trasladada os días 29, 30 e 31 de agosto á Praza Julia Minguillón, ó lado do bar Cabaleiros.

Exit mobile version