Site icon Crónica3.com A Mariña

Vilanova continúa en festas

Vilanova continúa coas súas patronais despois do concerto de Revólver deste venres 28 de agosto tras unha gran churrrascada.

O sábado 29 de agosto despois da misa solemne na igrexa de Santa María de Valdeflores o grupo Fénix amenizará a sesión vermú. Pola tarde, os cocos e cabezudos sairán ás 17.30 horas acompañados do grupo de gaitas Osorio Gutiérrez. Despois desenvolverase a VIII Mostra Folclórica na praza do Conde Santo. Ás 18.00 horas está prevista a celebración do Torneo Conde Santo coas categorías inferiores das ED Lourenzá.

A partir das 19.30 horas desenvolveranse os Cantos de Taberna polos bares da vila; pero a festa continuará coa verbena a cargo do grupo Fénix e Garibaldi. Posteriormente, haberá sesión de djs con Disco Móbil Conde Santo.

O domingo os cocos e cabezudos sairán en dúas ocasións: ás 10.00 e ás 17.30 horas, acompañados do grupo de gaitas Osorio Gutiérrez. Despois da misa solemne e apertura da tumba do Conde Santo, Tekila ofrecerá unha sesión vermú. E, pola noite, volverá a ofrecer unha actuación xunto a Claxxon.

Ás 18.30 horas desenvolverase o Trofeo Conde Santo entre o Lourenzá e o Iberia para deixar paso ó pasarrúas a cargo de Arco da Vella, arredor das 20.30 horas.

O luns 31 de agosto pecharanse as festas coas actividades habituais coa música de Atenas. A novidade no esquema da programación virá da man dos xogos populares na praza do Conde Santo a partir das 17.00 horas. E, ás 20.00 horas, as alumnas da Asociación Terras de Tovar ofrecerán unha exhibición de Batuka seguida dunha exhibición de bailes de salón da man de Goldance.

Exit mobile version