Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro prepara un flashmob para a súa promoción turística

A Concellería de Turismo de Viveiro está a organizar un spot promocional sobre Viveiro que se celebrará na praia de Covas o vindeiro 3 de setembro ás 13.00 horas, punto de encontro o edificio Omega.

O motivo deste flash mob é transmitir unha idea de Viveiro; a vida, o ocio e a moda como elementos diferenciadores estarán circulando constantemente por internet, dispositivos móbiles de comunicación e en todo tipo de redes sociais. Consistirá nun video de 4 minutos aproximadamente con música actual e unha imaxe de turismo que lle dará a Viveiro unha imaxe máis moderna praia e compras-viaxa e compra, compra e viaxa- shop&travel.

Súmate a ser o protagonista de promoción da túa cidade, estades todos invitados a participar neste flash mob que nos axudará a promocionar Viveiro.

Exit mobile version