É un cartel de luxo novamente o que nos trae a X Festival de Música Clásica de Ribadeo da man do seu director, Leopoldo Erice e, tamén este ano, de entidades e persoas moi importantes da vida cultural e musical do municipio de Ribadeo. Entre o 19 e o 24 de agosto pasarán poloo Auditorio Municipal de Ribadeo: a violinista Frederieke Saeijs, o violonchelista Tsuyoshi Tsutsumi, o clarinetista James Campbell, a Coral Polifónica de Ribadeo e a súa directora María del Carmen Rodríguez Cancelo, o narrador Toni Deaño, a Banda Municipal de Música de Ribadeo e o seu director David Ballester Martínez, e o pianista Leopoldo Erice.Toda a información en www.fimcr.com.