Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa está nas librarías da vila a novela ‘O soño Xoán’, ambientada no Ribadeo do século XVII

farruco-grañaA novela O soño de Xoán, escrita por Farruco GRAÑA, trata sobre as peripecias dun mozo ribadense, Xoán Lourido, no Ribadeo do século XVII. Afeccionado á astronomía, Xoán Lourido consegue ter acceso a unha copia do Somnium de Kepler e, a partir dela, el mesmo escrebe unha viaxe sideral na que recrea unha viaxe á lúa emprendida desde o mesmísimo Monte de Santa Cruz. O interese de Xoán Lourido pola astronomía non pasa desapercibido e acabará traéndolle problemas co Santo Oficio. Un inquisidor con orixes na zona andaba á procura dun exemplar do Libro de San Ciprián e considerou, polas informacións que lle chegaban da mariña luguesa, que podía ser unha boa oportunidade para aumentar o seu prestixio ante outros compañeiros inquisidores. Como fora, Don Diego de Castrillón de Varona y Sante habería de condenar a alguén por bruxaría e lecturas contrarias á fe.

O soño de Xoán vai ser presentado en Ribadeo o vindeiro sábado 29 de agosto, ás 20.30 horas, na Casa das Letras, nun acto organizado pola A.C. Francisco Lanza, no que intervirán Dores Fernández Abel, presidenta a A.C. Francisco Lanza; e Suso Fernández Acevedo, profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo, Dionisio Gamallo; ademais do propio autor.

Exit mobile version