A concelleira de Cultura explicou que esta exposición fotográfica “leva ao visitante de viaxe á India, está ambientada con música dese país e as fotografías mostran, aparte da historia que poida ter cada unha, a visión desa cultura dende o ollo fotográfico do artista Totan, a quen agradecemos que escollera o concello de Cervo para expoñer a súa arte xa que dende o Concello queremos promover a cultura a través de todas a s súas expresións”.
Dolores García rematou animando “á xente a que se achegue a ver esta exposición e que goce dela”.