O evento terá lugar na Praza do Concello, que contará con carpa, e polo escenario pasarán varios DJs de importancia nacional, como as Beat2Beast, dúas chicas que pinchan música electrónica e que actuaron durante este verán en numerosos festivais por España, así como colaboracións con outros DJs como Juan Magán, Dukes ou “Les Castizos”. Por outra banda, tamén estará presente o DJ e locutor de radio David Expósito, acompañado polos DJs locales DEEP López e Alberto Leivas.
Dende a Concellería de Xuventude agradecen a colaboración da Comisión de Festas de “ Os Remedios” e da asociación “Pasatempo”, e animan a todos os mindonienses e visitantes a acudir este venres a Mondoñedo.