Con estes dous concertos abriuse o Curso 2015-2016 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha dobre finalidade, cultural por un lado e, por outro, promocional, no sentido de que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música, o cal aínda poden facer ata finais deste mes de setembro. Ata o día 30 de setembro, no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais, poden realizar a preinscrición na Escola Municipal de Música.
Estes dous concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.