Site icon Crónica3.com A Mariña

A ribadense Belén Pérez Teijo foi a gañadora do 19º concurso fotográfico Festa da Faba

BLANCANIEVES (FOTO DA SERIE GAÑADORA DO 19º CONCURSO FESTA DA FABA)Lourenzá, 30 de setembro de 2015.- Belén Pérez Teijo, de Ribadeo, coa serie de fotos titulada Érase unha vez nas Terras da Faba, foi a gañadora da décimo novena edición do concurso fotográfico Festa da Faba organizado polo Concello de Lourenzá. Belén Pérez Teijo presentouse baixo o pseudónimo Contacontos.

O premio, de 500 euros, será entregado durante os actos da vixésimo quinta Festa da Faba, que se celebrarán este vindeiro fin de semana, concretamente na tarde do domingo, día 4 de outubro.

O 19º concurso fotográfico Festa da Faba contou con nove participantes.

Exit mobile version