A tiradora mariñá, nas filas do “Club de Tiro San Froilán” realizou unha competición de 40 disparos de menos a máis que lle permitía vencer nunha complicada final que se resolvía tan só por un punto a favor da tiradora viveirense que aguantaba o tirón con temple ata conseguir a vitoria final.
Yolanda Rodríguez, actual plusmarquista galega en Tiro de precisón por Equipos, xa obtivera o pasado mes de xullo a Medalla de Bronce Nacional na Copa Princesa de Asturias na Modalidade de Pistola deportiva, atopándose agora mesmo preparando o Campionato Galego de Precisión que se celebrará o vindeiro domingo 27 onde deberá facerse cunha das 3 medallas en liza para certificar o seu pase ao Campionato de España da modalidade.