Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta inviste máis de 185.000 euros na mellora de instalacións deportivas municipais na provincia

Lugo, 29 de setembro de 2015.- A Xunta de Galicia destinou 185.507,76 euros á mellora e acondicionamento das instalacións deportivas de doce concellos da provincia de Lugo

As subvencións concedeunas a Secretaría Xeral para o Deporte mediante convenios de colaboración asinados coas entidades locais.

A Delegada Territorial de Lugo, Raquel Arias, recalcou que “estas axudas aos concellos serven paran poñer a punto as infraestruturas municipais en beneficio dos seus usuarios porque a práctica de actividades deportivas require de instalacións axeitadas das que agora poden desfrutar os veciños dos municipios nos que se executaron as actuacións”. Explicou tamén que “os traballos levados a cabo reforzan a aposta da Xunta polo fomento do deporte entre a poboación lucense”.

Os concellos beneficiarios das obras de mellora e acondicionamento foron o Concello de Lourenzá, que recibiu 50.000 euros para substituír o solado da pista de fútbol sala do polideportivo municipal; o Concello de Sarria, que se beneficiou dunha subvención de 37.507,76 euros para dotar dunha deshumectadora a piscina cuberta municipal; o Concello de Guitiriz, con 20.000 euros para a construción de pistas municipais de uso deportivo; e o Concello de Castro de Rei, que contou coa mesma contía para acometer reformas no campo de fútbol.

Tamén o Concello de Palas de Rei, cunha achega de 10.000 euros para a reparación do polideportivo e o Concello de Meira, ao que se lle concederon a mesma dotación económica para acometer obras de reparación e mellora da pista polideportiva beneficiáronse destas axudas.

O Concello de Foz tamén contou con apoio económica para sufragar a subministración dun marcador electrónico no pavillón polideportivo Torques de Marzán, ao igual que os concellos de Antas de Ulla, Abadín, Cospeito, Barreiros e Paradela, aos que a Xunta lles concedeu subvencións para acometer reparacións nos seus pavillóns polideportivos municipais.

Exit mobile version