Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Burela entrega os premios do concurso “Burela, un mar de tapas”

1premio Mis en Plas [NUNCA MAIS]+Burela, 25 de setembro de 2015.- A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela acaba de facer entrega dos premios da cuarta edición do seu concurso de tapas “Burela, un mar de tapas”, que se celebrou antes do verán.

Entre o venres 22 e o domingo 24 de maio, Burela vestiuse de etiqueta para navegar nun verdadeiro “Mar de Tapas”, no que 21 locais da hostalería local ofreceron as súas mellores creacións gastronómicas ao prezo especial de 2 euros.

Durante eses tres días servíronse máis de 6000 tapas entre os 21 locais participantes. Ademais, nesta edición os propios comensais votaban pola calidade das tapas que consumían, e finalmente a tapa gañadora do concurso deste ano foi “Nunca Máis” de Mis en Plas. O segundo premio foi para Sitio, coa súa tapa “¿Percibes?”, e o terceiro premio foi para “Casa de Cuberta da Avoa” da Casa da Avoa. Os premios a estes tres hostaleiros foron entregados durante esta semana, na que diferentes membros da directiva de Acia lles fixeron entrega do trofeo conmemorativo.

Exit mobile version