Pero os concertos non remataron coa festividade da Patroa … As nosas músicas e músicos renunciaron ao descanso de setembro levando a cabo dúas actuacións fóra de Ribadeo. Este traballo e esta constancia consolidan e garanten o bo facer da Banda.
Pero o agradecemento debe ir máis alá, debe chegar ata os familiares de tódolos músicos, pois somos conscientes de que só co seu apoio e coa súa presenza e axuda incondicional, cedendo os seus propios espazos e relegando os seus tempos de ocio, logran que a Banda teña un lugar asegurado no futuro dos nosos veciños.
Por estas e outras moitas razóns, en nome da Asociación de Amadores da Música e do Director da Banda, GRAZAS a todos vos, músicos, familiares e veciños, por axudarmos a manter viva a nosa Banda.