Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares destaca a oportunidade de formación que ofrece o obradoiro de emprego que se desenvolve no municipio

visita-cervoCervo, 17 de setembro de 2015. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, subliñou este xoves a oportunidade laboral e de formación que supón para os veciños en paro o obradoiro de emprego de carácter medioambiental que se desenvolve no municipio. O rexedor municipal fixo estas declaracións con motivo da visita da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, para supervisar os traballos que se fan co obradoiro que se leva a cabo simultaneamente baixo o título Sendas de Xove, Burela e Cervo, nestes tres municipios, do que o último concello é promotor.

O alcalde destacou a importancia que este tipo de iniciativas teñen para os desempregados que buscan formación e novas oportunidades noutros ámbitos de actividade: “o obradoiro ten tres modalidades, unha distinta para cada concello. No caso de Cervo é medioambiente, como no caso de Xove. No caso de Burela é pintura. Son en total 20 alumnos os que están aproveitando este obradoiro de emprego. Temos que agradecerlle á Xunta a súa aposta por eles, porque se está a propoñer á xente, aos veciños que están neste obradoiro, unha oportunidade de formación, cada un deles nos módulos correspondentes nos que están apuntados. É unha formación que dura seis meses, na que os concellos tamén son ao mesmo tempo son beneficiados polo traballo que aportan estas persoas, estes traballadores”.

Alfonso Villares engadiu que “dende Cervo imos seguir apostando pola formación, tanto para as persoas novas como para as que non son tan novas e necesitan outra alternativa laboral e ter outros campos nos que buscar unha saída laboral. Dende logo en Cervo imos seguir traballando para buscar fórmulas para que as persoas que non teñan traballo poidan telo. Seguiremos pedíndolle á Xunta de Galicia que colabore á hora de poñer á nosa disposición estes obradoiros de emprego, como leva facendo nestes últimos cinco anos”.

Exit mobile version