Site icon Crónica3.com A Mariña

Algo parvos somos

Falamos de seres humans, de conxéneres, de nenos e bebés, de mulleres preñadass. Xa non podemos esconder máis a cabeza debaixo do á. Os cadáveres chegan flotando ás praias; os bañistas atopan enseres e restos humans mentres gozan os seus deportes acuáticos; os noticieros ábrense con esceas ablaiantes ás que non nos afacemos. -¡Que drama! ¡Que horror!-, dicimos espantados, e a continuación volvemos ao noso sen máis preámbulo, non podemos facer nada.
A análise última do que está pasando chega ata as razóns do voto que depositamos nas urnas cando nos preguntan. Cidadáns egoístas e incautos que votan a quen nos prometen o ouro e o mouro; autoenganámonos lisonxeando o accesorio sobre o principal, vivir mellor que o veciño, máis casa, máis coche, máis roupa, máis vanidade.

E de onde vén tanto? Da explotación doutros seres humanos, do expolio de países africanos ou asiáticos que viven entre a confusión dos seus corruptos dirixentes e as arengas de visionarios relixiosos que os fan loitar por non se sabe que raza ou crenza superior, así se manteñen distraídos mentres lles roubamos os seus recursos naturais, o seu minerales, os seus tesouros, a súa comida ao fin. De paso, vendémoslles as armas que fabricamos, porque o noso PIB necesita cifras para cumprir con consñas do Capital que todo o mánda. Non importa si con elas os sionistas matan adolescentes palestinos. Tampouco, si alentamos primaverias árabes para derribar dictadores e o que conseguimos, ou talvez pretendíase, é desatar o caos para pescar mellor.

África foi e é unha mina para extracción de todo o extraíble; escravos, diamantes, trofeos de caza, peles, tecidos, minerales como a bausita que trasforman en Xove-San Ciprian. Seres convertibles ás relixións máis diversas, ata rumbosas teses doctorales pasando por taquilleras películas hollywoodenses e museos de homes disecados. O colonialismo persiste en formas sibilinas, todo está manipulado polas grandes corporacións multinacionais e os poderes imperialistas na sombra.

Si África é a mina, Oriente Medio un hervidero humano de razas, relixións e disputas en constante conflito que tapa un só interese, o económico; petróleo, armas, uranio enriquecido, destrución e reconstrución. De fondo Turquía en preguerra civil, Irán ameazando mentres a vella e envellecida Europa repele a explosión demográfica afroasiática que foxe do fame e a guerra. Feo e tristeiro panorama.

Exit mobile version