Site icon Crónica3.com A Mariña

Álvarez Chao acusa á rexedora de Lourenzá de non cumprir coa súa palabra

Lourenzá, 15 de setembro de 2015.- A voceira municipal do PP de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, acusou á rexedora de vaga e mentireira por non convocar unha xunta de voceiros para elaborar un texto conxunto e debatelo no vindeiro pleno ordinario que se celebrará o vindeiro xoves.

Todo se remonta á pasada sesión plenaria municipal, cando antes de pasar á orde do día, Álvarez Chao manifestou a intención do seu grupo de promover unha declaración institucional de apoio ás vítimas de violencia de xénero e firme condena dos maltratadores.

A popular lembrou que a alcaldesa se negou a isto e ofreceuse a convocar unha xunta de voceiros para elaborar un texto entre os tres grupos e levalo ao vindeiro pleno; algo que non fixo, tendo en conta que o pleno do vindeiro xoves xa está convocado.

Álvarez Chao ve nesta actitude de “quedar ben sen facer nada” un xesto de engano aos veciños e un espaldarazo ás persoas que sufriron ou sofren esta lacra.

Exit mobile version