Site icon Crónica3.com A Mariña

Andaina coa AC Francisco Lanza

O sábado 3 de outubro a A.C. FRANCISCO LANZA convida a unha nova andaina guiada por Teresa Díaz que ten prevista a saída ás 11.25 horas da estación de FEVE. Irase a San Cosme e virase camiñando cara ao leste para coller o tren de regreso en Reinante con parada para tomar un cafeciño. A volta a Ribadeo está prevista para as 18.30 horas. A distancia a percorrer é duns 16 km de dificultade baixa. Recoméndase levar comida e roupa e calzado cómodos.

Exit mobile version