Site icon Crónica3.com A Mariña

Arranca a Terceira División, coa visita do Santiago Futsal a Burela

O CD Burela FS Pescados Rubén B arranca a súa cuarta tempada en Terceira División este sábado ao grande, cun gran duelo de filiais. Os pupilos de Juanma Marrube recibirán o Santiago Futsal B, ás 16.00 horas, en Vista Alegre.

“Estou moi contento con este equipo” recoñecía Juanma no comezo da súa segunda tempada á fronte do Burela FS B. “Fixemos un gran traballo, duro, de pretempada, xunto ao preparador físico Alfonso Mera. É un grupo implicado e traballador; os xogadores son conscientes da súa condición de filial de Primeira División pero tamén da súa xuventude e de que se van medir, na inmensa maioría das citas, a xente moi veterana e con experiencia no fútbol sala” valoraba o técnico mariñán, moi ilusionado cunha “escuadra moi nova, na que temos xuvenís de primeiro e segundo ano, e que ten moitas ganas de asumir un novo reto en Terceira”.

Os burelistas terán que facer fronte a 22 xornadas nun calendario que rematará o 9 de abril de 2016, xunto a Prone Lugo B, CD Rececende Superti A Pontenova, Talleres ABC Vigo Olivo FS, Pazos de Borbén, Ribeira FS, CD Casás, A Estrada FS, Valdesuso Peugeot Vilalba, Pazo Tizón Carballiño FS e 5 Coruña FS, ademais dos composteláns.

Compoñen o vestiario laranxa 2015-16 Aitor Eijo, Alemán, Rubén Fernández, Rafa, Jorge Pernas, Renato, Sergio Cora, Álex García, Pablo Casas, Mamadou, David Pérez e Borja Blanco, xunto a Cristian Soares, Aarón Fernández, David Rodríguez, Marcos Iglesias e Erik Campo na portería.

Exit mobile version