Site icon Crónica3.com A Mariña

Aumentan as altas e colaboracións co CD Foz

O C.D. Foz continúa traballando e dando os últimos toques na programación da temporada que acaba de comezar. Segundo o seu presidente, Pepe Rivera, “as cousas van saíndo e a afección futboleira de Foz está a colaborar correctamente, soben as altas de socios e as colaboracións de empresas e o pequeno comercio estanse a notar. É complicado vestir e calzar de maneira correcta a preto de 80 mozos que forman as nosas plantillas de afeccionados,xuvenís, cadetes e infantís; pero tamén é un orgullo que vistan sen defectos e que dean unha imaxe correcta do pobo que representan”.

No eido deportivo destaca “a total sintonía que existe no Club onde con seriedade e disciplina todos nos volcamos en facer un papel positivo”.
Esta fin de semana o club afronta acontecementos deportivos importantes. O primeiro será o sábado cando ás 18.00 horas o equipo afeccionado recibe ó Parga no estadio Martínez Otero. O domingo os infantís mídense en Viveiro ás 11.00 horas e os xuvenís xogarán en San Miguel de Reinante un torneo amigable.

Durante o partido que se disputará o sábado en Foz “poderanse recoller carnés de socios e darse de alta se así o solicitan”.

Exit mobile version