Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro afirma que a ampliación do Hospital da Costa suporá “unha mellora substancial na asistencia sanitaria á cidadanía da Mariña”

Burela, 25 de setembro de 2015.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, asegurou que a contratación das obras de ampliación do Hospital da Costa traerá consigo un investimento autonómico de 12,8 millóns de euros e suporá “unha mellora substancial” na prestación da asistencia sanitaria á cidadanía da Mariña.

O parlamentario popular salienta “a axilidade” coa que o Goberno galego está impulsando todo o procedemento de contratación da obra, “en cumprimento do compromiso adquirido polo presidente Alberto Núñez Feijóo” que lidera a que, con toda probabilidade, “será a actuación máis importante a acometer na nosa comarca”.

A XUNTA NUNCA ESTIVO DE MANS CRUZADAS
Balseiro dixo tamén que en tan só 15 días adoptáronse decisións moi relevantes: a autorización a Axencia Galega de Infraestruturas para acometer este contrato público (o pasado día 10 de setembro) e hoxe a licitación do proxecto e da execución das obras, que non ten marcha atrás.

Con todo insiste en destacar que a Xunta “nunca estivo de mans cruzadas” e lembra que “desde que Feijóo é presidente redactouse un novo plan funcional, elaborouse o proxecto construtivo e agora se impulsa a propia ampliación e remodelación do centro”. Iso sen esquecer a posta en marcha de novos servizos como os de oncoloxía e hospitalización a domicilio, que xa se fixeron realidade en datas pasadas.

“Creo que se están dando os pasos importantes. Creo que o Goberno de Galicia e o Partido Popular da Mariña está cumprindo e, sobre todo, o proio Presidente da Xunta que sempre estivo comprometido con este obxectivo”.

Exit mobile version