Site icon Crónica3.com A Mariña

Bota a andar o grupo de teatro O Centiño en San Martiño de Foz

o-centiñoUn novo grupo teatral nace no concello de Foz. En concreto, na parroquia de San Martiño. Trátase do Grupo “O Centiño”, que o vindeiro sábado 24 de outubro estreará a súa primeira obra baixo o título de “O caldeiro máxico”. A estrea terá lugar no local que a veciñanza de San Martiño ten en Ferreiravella. Logo o grupo actuará, dentro do programa Buxiganga, nos concellos de Alfoz, Begonte e Ferreira de Pantón.

Exit mobile version