Este xoves os alumnos de 5º e 6º do CEIP Vista Alegre participaron no circuíto de karts instalado no pavillón dos Institutos. “A finalidade de dito circuíto é concienciar aos rapaces da necesidade de respectar as sinais de tráfico, tanto se es un peón coma se vas en bici ou en coche”, sinalou a concelleira de Medio Ambiente.
Noelia María Ben visitou aos rapaces que participaron este xoves no circuíto e dixo que “Burela iniciou a súa participación nesta campaña no 2007, sendo este o oitavo ano consecutivo no que se celebra a Semana Europea da Mobilidade no noso concello”. A edil socialista subliñou que “somos o único municipio da provincia de Lugo que participa cunha semana chea de actividades, adoptando medidas permanentes e celebrando o Día da Cidade sen Coches, polo que é considerado un participante destacado”.
As actividades da Semana da Mobilidade seguirán en Burela ata o vindeiro 22 de setembro.