Aquelas persoas que non poidan asistir tamén poderán colaborar co colectivo facendo as súas achegas en:
ASOC. EPIDERMÓLISE BULLOSA DE ESPAÑA
IBAN: ES35 0081 0244 1100 0185 4991
BIC: BSAB ESBB
info@debra.es
Grazas a que DEBRA España é unha entidade declarada de utilidade pública, todas as colaboracións e donativos realizados son susceptibles de vantaxes fiscais.
Xira do combinado asiático
O enfrontamento co equipo de Daniel Ibañes será o terceiro da Selección de Vietnam na súa xira en Galicia que arrancou este luns en Compostela, con vitoria do Santiago Futsal (4-2). Este martes medirase ao Cidade de Narón e tras a súa visita á Mariña visitará as pistas do Valdesuso Peugeot Vilalba, o sábado, e do Prone Lugo, o vindeiro luns.