Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela FS Pescados Rubén 3-1 Prone Lugo AD

iagomiguez-prone15Burela, 5 de setembro de 2015.- O CD Burela FS Pescados Rubén di adeus aos compromisos de preparación 2015-16 tras impoñerse este sábado en Vista Alegre ao Prone Lugo AD 3-1, con dianas de Antoñito por partida dobre e Jorge.

No ecuador da primeira parte, Antoñito aproveitou, dende balón parado, para perforar a rede, sentando a Óscar Iglesias. Non obstante, Nacho Pedrazo igualou a contenda no minuto 12, fronte a un Álex ao bordo da área. Jorge Bellvert soubo como volver adiantarse pouco despois, no 14, dende saque de esquina de Chino en colaboración con Iago Míguez. Hélder avisou dende media pista, pero foi Antoñito de novo quen volveu ver portaría, no 18, sentenciando de tacón un pase longo ao bordo da área.

A segunda parte arrancou con cambio na meta, Edu e Juan Rivero. Menos precisos estiveron os laranxas nos últimos metros; sobre o minuto 30, Iago Rodríguez dispuxo das mellores ocasións dos de casa por partida tripla; en dúas ocasións topouse co gardameta lugués e a terceira chocou contra o pau. No minuto 34, o tándem Chano-Antoñito tamén protagonizou unha gran xogada que acabou co esférico morto ao bordo da liña de meta.

O Burela FS Pescados Rubén estreará a competición o próximo sábado, 12 de setembro, en Vista Alegre, coa visita do Aspil Vidal Ribera Navarra (18.30 horas). A tempada botará a andar con total normalidade tras ser desconvocada a folga de xogadores este sábado, despois da reunión mantida entre a LNFS e a AJFS.

Ficha técnica

CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Rodriguez, Chano, Antoñito, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Jorge, Chino, Iago Míguez, Renato, Edu, Aarón

Prone Lugo AD: Óscar Iglesias, Saúl Marrupe, Palermo, Diego Núñez, Nacho Pedraza, cinco inicial; tamén xogaron David Muñoz, Luis Longo, Iago Fariñas, Juan Rivero,

Goles: 1-0, minuto 10, Antoñito; 1-1,minuto 12, Nacho Pedraza; 2-1, minuto 14, Jorge Bellvert; 3-1, minuto 18, Antoñito

Árbitros: Menéndez Nistal, Javier // Montero Garrido, Jesús (Galicia)

Incidencias: Último partido de pretemporada do CD Burela FS Pescados Rubén disputado en Vista Alegre ante uns 400 espectadores

Exit mobile version