Site icon Crónica3.com A Mariña

Cangas de Foz conta cun novo parque infantil e foi mellorado o alumeado na área recreativa do Castro

250915 FOTO FOZ VISITA OBRAS CANGASFoz, 25 de setembro de 2015.- A parroquia de Cangas de Foz conta cun novo parque infantil, instalado na zona do centro social, e foi mellorado o alumeado na área recreativa do Castro. Estas actuacións, executadas polo Concello cunha subvención da Xunta de Galicia, foron visitadas este venres polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro de Obras, Pedro Fernández Manín, e a edil de Medio Ambiente, Maite López Rego.

O rexedor municipal explicou: “vimos de recibir da empresa contratista as dúas obras que se fixeron en base a unha subvención de mellora de infraestruturas e equipamentos municipais na parroquia de Cangas, exactamente na zona do Centro Social, ao lado do pavillón. É a zona máis usada polos veciños da parroquia, que é unha das máis poboadas do noso concello. Unha das obras é un parque infantil instalado xusto diante do pavillón municipal, que foi moi demandado pola asociación de veciños. Por outro lado, fíxose a mellora do alumeado público que había na área recreativa, que tiña xa moitas dificultades de mantemento e realmente non daba o servizo necesario. Tamén se cambiaron os báculos das farolas e por fin puidemos facer un alumeado como se merecen os veciños de Cangas”.

Javier Castiñeira engadiu: “estamos contentos de recibir estas obras, de cerca de 40.000 euros, e agradecemos a axuda da Consellería de Industria, que financiou estas dúas infraestruturas. E tamén lles damos os parabéns aos veciños de Cangas, que estrean este parque infantil e o novo alumeado da area recreativa do Castro”, sinalou o alcalde.

Exit mobile version