Site icon Crónica3.com A Mariña

Chao de Castro-Altair inicia as súas actividades de outono co “acampamento de outono”

Chao de Castro-Altair volve coas súas actividades de lecer educativo para nenas/os de 7 a 17 anos. TODOS OS SÁBADOS DE 16.00 A 19.00 HORAS NA CASA DA XUVENTUDE DE BURELA.

E como cada ano, comeza o novo curso co ACAMPAMENTO DE OUTONO que terá lugar os días 2, 3, e 4 de outubro en ONS (Brión) con xogos tradicionais, música, rotas de sendeirismo, lecer ao aire libre, cociña ou convivio coa natureza son algunhas das actividades da actividade.

O custo para socios será de 25€ e para non socios, de 45€.

Previamente, celebrarase unha reunión informativa este domingo 27 de setembro ás 19.00 horas na CASA DA XUVENTUDE DE BURELA. A data límite para inscribirse é o vindeiro martes 29 de setembro.

Exit mobile version