Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla en Ribadeo sobre ‘os bos e malos usos das TICS’ para nen@s de entre 8 e 14 anos

Ribadeo 30 de setembro de 2015. A Casa da Xuventude Ribadeo acollerá o día 21 de outubro, entre as 19.30 e as 20.30 horas unha charla sobre Os bos e malos usos das TICs. Está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) dentro da Xira Rapaciñ@s.

Segundo explican desde a Concellaría da Mocidade “a charla vai dirixida a familias, docentes e nenos entre 8 a 14 anos co obxectivo de sensibilizalos e formalos acerca dos riscos dun mal emprego de internet, das redes sociais e dos dispositivos e tamén expoñer en detalle os moitos beneficios que poden tirar dun uso axeitado destes recursos”.

E engaden que “familias e docentes atoparán información e recursos de interese, namentres os nenos e nenas adquiren hábitos seguros para navegar na Rede e desenvolvan a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros pensados para que se divirtan e aprendan”.

As inscricións son gratuítas na Casa da Xuventude ou nos números 982 129 889 ou 982 120 732.

Exit mobile version