Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado oficial dos Clubes da Liga Nacional de Fútbol Sala

FOTO COMUNICADO CLUBES LNFS2 de setembro de 2015.- Tras a convocatoria de folga que declarou a Asociación de Xogadores de Fútbol Sala (AJFS) que afecta ás catro primeiras xornadas de Liga en Primeira División, os Clubs da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), mantiveron unha reunión este mércores onde, tras analizar as actuacións da AJFS, determinaron por unanimidade que se manterá a disputa das devanditas xornadas de Liga, respectando o desexo daqueles xogadores que non queiran secundar a folga.

Tras a reunión mantida este mércores en Madrid, os Clubs da LNFS desexan comunicar os seguintes acordos alcanzados por unanimidade:

1.- Os Clubs da LNFS desexan mostrar o seu respecto ao dereito a folga de calquera traballador.

2.- De igual modo, amparados polo dereito ao traballo, os Clubs da LNFS manifestan que a disputa da competición programada no calendario deportivo se levará a cabo.

3.- Os actuais Clubs que forman a LNFS rexeitan a petición da AJFS de crear un fondo de garantía salarial de 320.000 € o primeiro ano, 330.000 € o segundo e 340.000 € o terceiro, que inclúe tamén o pagamento de débedas por pactos de palabra, sen control fiscal de clubs desaparecidos ou mal xestionados que pertencesen á LNFS durante algún período ou a totalidade da tempada, é rexeitado por consideralo impropio e irreal.

4.- A LNFS non acepta nin recoñece outro contrato que non sexa o oficial, que estea depositado na LNFS, e no que se reflicte o pagamento de Seguridade Social e IRPF.

5.- Dende que hai tres anos se constituíu a Comisión Mixta (clubs, xogadores e RFEF), todas as denuncias por incumprimento de contratos oficiais foron falladas e cobradas polos xogadores.

6.- Ante a petición de crear un fondo social para a AJFS de 25.000 € o primeiro ano, 30.000 € o segundo e 35.000 € o terceiro, os clubs da LNFS non consideran axeitado financiar a AJFS, tendo en conta que é unha institución privada e allea á LNFS, así como tamén porque se podería considerar unha inxerencia na súa independencia.

7.- Segundo o acordado na Xunta Directiva e na reunión de Clubs do pasado 8 de Xullo, a LNFS desexa asinar un Convenio coa AJFS que non poña en risco a viabilidade dos clubs actuais, dos seus xogadores de Primeira e Segunda División e os seus empregados, e sempre que este Convenio obrigue a todas as partes (clubs e xogadores) a cumprir coas obrigas legais e fiscais.

Exit mobile version