Site icon Crónica3.com A Mariña

Conclusións da Reunión Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste

Burela, 29 de setembro de 2015.- A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organizou esta Xornada Técnica, que se celebrou en Burela durante o luns 28 e o martes 29 de setembro, para reflexionar sobre temas de interese das flotas artesanais.

Na reunión participaron representantes das sete Federacións de Confrarías do Cantábrico-Noroeste: Gipuzkoa (Miren Garmendia, secretaria), Bizkaia (Iñaki Zabaleta, presidente), Cantabria (José Luís Bustillo, presidente, e Enrique Paz, secretario), Asturias (Dimas García, presidente, e Mª José Rico, secretaria), Lugo (José Basilio Otero, presidente, Javier Sánchez e Domingo Rei, vicepresidentes, e Sergio López, secretario), A Coruña (Daniel Formoso, presidente, e Jesús Longueira, asesor) e Pontevedra (José A. Gómez, presidente, e Javier Martínez, secretario), así como a Federación Galega de Confrarías (Tomás Fajardo, presidente).

Reunidas as Federacións de Confrarías de Pescadores das sete provincias do Cantábrico-Noroeste, así como da Federación Galega, preséntanse as seguintes conclusións do encontro “1ª Xornada Técnica de Reflexións sobre a Pesca Artesanal”:

1ª) DEFINICION DE PESCA ARTESANAL

Como resposta á proposta do Secretario Xeral do Mar da Xunta de Galicia, a nosa definición de PESCA ARTESANAL difire da aprobada pola Unión Europea, que a separa en +/- 12m, sería:

Pesca ARTESANAL é aquela que cumpre os seguintes criterios:

-forte tradición artesanal

-pescas altamente selectivas

-propiedade familiar

-respecto polo medio ambiente

Existe ademais unha Pesca COSTEIRA artesanal que engloba ás embarcacións de pequeno porte (maioritariamente todas de <12 metros), con mareas de menos 24 h, e que son as de ARTES MENORES e/ou ARTES VARIAS. 2º) ORGANIZACIÓN e REPRESENTATIVIDADE SECTORIAL Creemos que existen multitude de organizacións e unha excesiva micro-representatividade, por iso manifestámonos en contra do proxecto de RD de organizacións profesionais do sector pesqueiro que nos circulou o MAGRAMA, que prevé que unha organización de produtores poderase constituír con só 3 membros e un valor económico do 2,5% dun segmento de pesca. Consideramos que para evitar unha grande atomización de organizacións, é necesario ter unha representatividade mínima, para dispoñer dun sector moito máis forte ante a Administración. As Federacións de Confrarías representan á maioría de flotas e en concreto a toda a flota pesqueira artesanal do CNW, cunha visión global que engloba a todas as modalidades de pesca, e non só coa visión dun sector ou modalidade de pesca determinado. Ademais, a diferenza do resto de organizacións privadas, englobamos e representamos á parte económica (empresarios) e social (traballadores). As confrarías e federacións somos organizacións que necesitan dar un paso adiante na autonomía financeira para garantir a viabilidade futura das organizacións e do sector que representan. 3º) VIABILIDADE ECONÓMICA das flotas artesanais As flotas artesanais son moi variadas e heteroxéneas, cunha demostrada capacidade extractiva e viables económicamente. A viabilidade económica está condicionada pola situación dos recursos, e para iso as Federacións de Cofradías propoñemos avanzar na CO-XESTIÓN dos recursos mediante a participación e o impulso de plans de xestión locais/zonais. Existen problemas de viabilidade nalgunhas flotas costeiras (as máis pequenas) de pescas multi-específicas, sen pesca dirixida e que, malia a súa escasa incidencia nos recursos, están englobadas e obrigadas polo sistema de TACs e cotas. Propoñemos que estas flotas non estean incluídas neste sistema de TACs e cotas. 4º) SUBSTITUCIÓN XERACIONAL- IMPACTO SOCIAL da pesca artesanal A realidade é que temos un problema de substitución xeracional na pesca que afecta a todas as provincias, tanto nos tripulantes como nos armadores, por diversos motivos: mellora da calidade de vida, excesivas trabas burocráticas, envellecemento, falta de atractivo do sector primario para as novas xeracións... Temos que buscar alternativas de xestión que fagan máis atractiva a actividade e cambiar a dinámica actual. Por exemplo, na formación debemos incentivar as prácticas das escolas marítimo-pesqueiras nas embarcacións, e para iso presentaremos propostas de convenios coas escolas náuticas. Solicitaranse ás Administracións implantar becas para os alumnos e axudas para as embarcacións que propicien esta incorporación en prácticas. Tamén se propón reducir a práctica habitual de enrole de persoal alleo á tripulación cunha limitación máxima de tempo, que en moitos casos está sendo usada por xubilados que perpetúan a súa actividade e non promoven a renovación necesaria. As Federacións buscaremos facilitar a obtención de titulacións polivalentes para o ingreso e mantemento no sector. Estamos en contra da necesidade continua de renovación das titulacioóns no sector pesqueiro. Para rematar, teremos que buscar medidas de mellora da conciliación familiar e profesional. 5º) ACTUACIÓNS NO MERCADO Valoramos o mecanismo de almacenamento que utilizan as OOPPs como un mecanismo que garante un prezo mínimo, e xa que logo, unha viabilidade para as nosas flotas. Solicitamos á Administración Pública Española que suscite e defenda ante a Comisión Europea o mantemento destas axudas máis aló do ano 2018 e un incremento substancial desta partida, que só está dotada con 45 mill € para toda Europa no periodo 2014-2020, tendo en conta ademais que a UE é importadora neta de produtos pesqueiros cun saldo negativo de 3.800.000 Tn e 16.670 millóns €. Un exemplo da escasa importancia que se lle dá a este mecanismo e a súa dotación no novo periodo (só 45 mill € para Europa en todo o periodo 2014-2020), as axudas destinadas a estes mecanismos no periodo 1974-2005 foron de 550 mill cunha media de 17 mill/ano. En canto á aplicación do RD de 1ª venda aprobado polo MAGRAMA, as Federacións de Confrarías comprometémonos a traballar na homoxeneización da normativa que a desenvolve e que quedou dispersa en varias responsabilidades: CCAA, confrarías, lonxas... 6º) Reflexións sobre XESTIÓN PESQUEIRA As Federacións de Confrarías consideran as ITQs (cotas individuais e transferibles) como un sistema inaplicable e perxudicial para a pesca artesanal. Se para as pequenas flotas costeiras con pesca multi-específica e de pequeno impacto no recurso pesqueiro propuxemos que non se inclúan no sistema de TACs e cotas; tamén manifestamos que a diversidad de flotas que representamos son tan heteroxéneas (en tamaño, cultura, intereses...) que fan difícil un criterio único de xestión. Valórase a posible a individualización de cotas (por barco, organización ou CCAA) con base a criterios co maior acordo posible. Logo cada organización decidirá se xestiona esas cotas de forma individual ou colectiva. O sector fai autocrítica e tamén bota en cara á Administración que os criterios de reparto se teñan ido modificando nos repartos entre modalidades de pesca ou especies, creándose diferenzas importantes entre nós. A efectos de mellorar a información ao sector pesqueiro, solicítase ao MAGRAMA unha información continua e mensual do estado dos consumos de todas as especies. 7º) APLICACIÓN DA PPC As Políticas Pesqueira Comunitaria dos últimos periodos foron modificando os seus obxectivos de forma contraposta entre si. Se queremos evitar a redución e desaparición paulatina da flota, debemos manter axudas que posibiliten o mantemento social e económico da flota e, en consecuencia, as nosas comunidades pesqueiras. Solicitamos á Administración Pública participación na elaboración do Programa Operativo da Flota Pesqueira. Faise unha ROGO ás Administracións Públicas (estatal e autonómicas) de implantar medidas de apoio á flota artesanal e ofrecémonos a colaborar na súa implantación.

Exit mobile version