Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa aberto o prazo para inscribirse no Encontro de Palilleiras de Xove

O sábado 3 de outubro celebrarase no municipio de Xove a sexta edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.

A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, continúa coa inscrición de palilleiras, que aínda poderán anotarse ata o VENRES 18 DE SETEMBRO.

A inscrición pódese formalizar por teléfono a través do 982 592 001 (Concello de Xove) ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679 894 219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982 592 686.

Exit mobile version