Site icon Crónica3.com A Mariña

Debut ligueiro na bomboneira

Vista Alegre acollerá o debut ligueiro do Futuro Laranxa por partida tripla na segunda xornada das competicións autonómicas. O Burela FS Pescados Rubén Feminino B recibirá A Fervenza FSF o domingo, ás 12.00 horas; o sábado, ás 11.00 e ás 12.30 horas, Infantil A e Cadete B, respectivamente, mediranse ao Lugo Sala FS.

As pupilas de Pablo Díaz estreáronse na categoría a semana pasada, impoñéndose ao Leis Pontevedra FS 2-4. O conxunto cadete tamén venceu, 2-3 ante O Parrulo; os infantís, pola contra, caeron 7-0 na pista dos ferroláns.

Amigable en Terceira
O equipo de Juanma Marrube ultima a súa preparación para arrancar coa competición de Terceira. Hoxe recibirá o Sala5 Coruña FS, ás 20.30 horas en Vista Alegre, como último compromiso antes da 1ª xornada de liga, o vindeiro sábado, 3 de outubro, cando recibirá o Santiago Futsal B.

Primeira semana de diversión para a ED Burela FS 2015-16
A ED Burela FS, entre Miniprebenxamín e Infantil, comezou esta semana o novo curso cos primeiros adestramentos, xunto ao Cadete C. Tamén se estrearán sobre a pista co X Torneo de Sarria Os Meigallos FS esta fin de semana, cos equipos Benxamín A e B, Alevín, Infantil B e Cadete B e C.

Os nenos/as que queiran divertirse co mellor fútbol sala aínda poden matricularse en calquera dos 6 grupos da escola: Iniciación, Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. O prazo rematará o 30 de setembro ou a medida que se vaian cubrindo as vacantes.

O luns 5 de outubro comezarán os adestramentos específicos de portería e o mércores 7 os de coordinación. As reunións informativas de todas as categorías marcaranse para a semana do 12 de outubro.

As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815. Horario de atención ao público: De luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas)

Exit mobile version