Site icon Crónica3.com A Mariña

Detido en Barreiros como suposto autor dun delito de tráfico de drogas

A Garda Civil detén no término municipal de Barreiros (Lugo) a un veciño de Lugo, de 54 anos de idade como suposto autor dun delito de tráfico de drogas.

Os feitos ocorren o pasado sábado 26 nun aparcamento situado na localidade de San Cosme de Barreiros, cando a persoa detida fai entrega dunha bolsa pequena similar ás papelimas de droga a unha terceira persoa a cambio dunha cantidade de diñeiro, acto seguido sóbese nun turismo en compañía doutra persoa sendo nese momento identificado por axentes da Garda Civil.

No momento da súa identificación portaba no interior dun monedeiro varias papelinas dunha sustancia, supostamente de heroína e cocaína (34 papelinas cun peso total de 25 gramos).

Procédese á súa detención como suposto autor dun delito de tráfico de drogas, intervíndolle 295 euros en billetes fraccionados e un terminal de telefonía móbil, así como as sustancias sinaladas.

O detido foi posto a disposición do Xulgado de 1 instancia e instrución nº 2 de Mondoñedo (Lugo).

Exit mobile version