Site icon Crónica3.com A Mariña

Día da Bici 2015 en Xove

bici-xoveXove celebraba este domingo o DIA DA BICI-2015 con máis de 300 participantes entre nenos e adultos.

Foi unha gran tarde de lecer deportivo, onde se xuntaron varias xeracións de ciclistas, con regalo para todolos participantes: o ciclista máis novo que fixo a ruta urbana por Xove foi Iago Rey Vale, con 2 anos e 4 meses; mentres que o máis veterano era Tomás López Amado, de 72 anos. Jesús García levaba a bici máis orixinal.

Primeiro fíxose unha ruta urbana por Xove de 2 km onde participaron tódolos asistentes e, despois, fíxose unha ruta en liña, de ida e volta á parroquia de A Rigueira, chegando ata a Área Recreativa da Ponte do Carro e voltando para Xove ata completar uns 13 km.

Os máis pequenos que se quedaron no Centro Cívico puideron disfrutar dunha Xincana Ciclista, pintura de caras e globoflexia.

Ó remate, houbo merenda para todos e o sorteo dunha bicicleta donada polo Concello de Xove, ademais de destinto material deportivo donado por distintas casas comerciais: Cerezo Bikes, Bici Total, Motos Telmo, Distribucciones Carreiras e Coca-Cola.

Exit mobile version