Site icon Crónica3.com A Mariña

Día da Bici en Xove, este domingo 27

CARTEL DIA DA BICI 2015Xove, 23 de setembro de 2015.- Este domingo día 27, a ACD Xove, xunto co Concello de Xove, organizan o Día da Bici 2015. A xornada comezará no Centro Cívico ás 16:30, e consistirá en actividades como rutas cicloturistas por Xove e parroquias dos seus arredores, animación infantil con globoflexia e pintura de caras, e exhibición de equipo de BMX. Outorgaranse trofeos ao ciclista máis novo, ao máis veterano e á bici e ciclista máis orixinal. Ademáis, sortearase unha bicicleta e material deportivo, e haberá regalos e merenda. A inscrición poderá facerse ata 15 minutos antes da saída, coa organización, que lembra que o uso do casco será obrigatorio.

Exit mobile version