Site icon Crónica3.com A Mariña

E.D. Lourenzá e Mondoñedo C.F. asinan un convenio de vinculación nas categorías de fútbol base

convenio con mondoñedo cf23 de setembro de 2015.- Este mércores, Pablo Maseda, presidente das E.D. Lourenzá, así como Manuel Barreira, presidente do Mondoñedo CF, asinaron un convenio de colaboración entre ambas entidades beneficioso para as categorías de base de Lourenzá e Mondoñedo. Ademáis da xa anunciada unión nas categorías federadas infantil e cadete que xa están competindo, este acordo supón tamén a unión para os máis pequenos nas categorías de fútbol 8 benxamín e fútbol 8 alevín. Este xoves, durante a presentación dos máis pequenos das Escolas en Lourenzá, os alumnos coñecerán a dinámica de traballo para esta temporada así como os adestradores que os formarán.

Exit mobile version