Burela, 22 de setembro de 2015.- Esta semana dará comezo en Burela unha nova edición do programa Educando en familia, dirixido a familias con nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos.
A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, explicou que “desde este departamento xa enviamos as cartas correspondentes ás familias para asistir ás xuntanzas programadas e así organizar as quendas. Estas xuntanzas terán lugar ao longo desta semana na Aula de Familia, que está situada na Casa da Cultura”.
Os días e horarios previstos son os seguintes: este mércores, 23 de setembro, ás 16:00 horas están convocadas as familias d@s nen@s nados en 2013; o xoves día 24 ás 16 horas acudirán as familias dos nenos e nenas nados en 2014; e o mesmo xoves pola mañá, ás 11:00 horas, están convocadas as familias dos nados no ano 2015.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM), na Casa do Concello, ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09.