Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves 1 de outubro ábrese o prazo de inscrición no obradoiro de risoterapia, que organiza o Concello burelés

Burela, 30 de setembro de 2015.- Desde este xoves, día 1, e ata o 13 de outubro (ambos incluídos) estará aberto o prazo de inscrición no Obradoiro de risoterapia, que organiza a Concellería de Servizos Sociais.

As persoas interesas en participar, con preferencia os/as empadroad@s en Burela poderán anotarse de 8 a 15 horas na Casa do Concello. Deberán presentar o seu DNI.

O Obradoiro de risoterapia dará comezo o 14 de outubro e desenvolverase os xoves de 20:30 a 22:00 horas na Aula de Familia, da Casa da Cultura.

A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, subliña que “a risoterapia axuda a desdramatizar as situacións da vida diaria, desenvolvendo nas persoas un espírito optimista e competitivo, ensinándonos a mellorar a visión de un/unha mesmo/a así como do noso entorno”. A edil anima á participación nesta actividade.

Exit mobile version