Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa da Palabra en Foz a cargo de A Pomba do Arco

A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da “Festa da Palabra” que se realizará o 23, 24 e 25 de setembro na Sala de Exposicións do CENIMA e na que contaremos coa participación de María Lado, Lucía Aldao, Laura Branco de la Barrera e Xavier Rodríguez Baixeras.

A programación prevista é a seguinte:
– O mércores, 23 de setembro, ás 20.30 na Sala de Exposicións do CENIMA arranca a actividade co espectáculo literario, musical e humorístico “Aldaolado”, a cargo de María Lado e Lucia Aldao.

– O xoves, 24 de setembro, ás 20.30 na Sala de Exposicións do CENIMA a quenda corresponderalle á poeta focega Laura Branco de la Barrera, autora do poemario “Doenças dum espelho”.

– O venres, 25 de setembro, ás 20.30 na Sala de Exposicións do CENIMA remataremos esta nova edición da “Festa da Palabra” cun recital dunha das voces máis coñecidas e recoñecidas da poesía galega, o mariñao Xavier Rodríguez Baixeras.

Exit mobile version