Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa do Ramo no Alto do Cruceiro (Xuances), este venres e sábado

PROGRAMA MAN exterior  FESTA DO RAMO 2015Xuances (Xove), 30 de setembro de 2015.- A Asociación de Festexos “Alto do Cruceiro” organiza por noveno ano consecutivo a Festa do Ramo, a cal vai ter lugar no Alto do Cruceiro o venres, 2 e o sábado 3 de outubro. Esta Festa foi recuperada por dita asociación despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, concretamente no Centro Social, nun espazo cultural inaugurado o paso ano e que está adicado a un dos promoteros desta festa, Onofre Louzao, falecido hai un par de anos.

Este espazo está ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, a uns 150 metros, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desde a organización desexan con todas as nosas forzas ter uns bós dias climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, a Festa vaise celebrar baixo unha carpa, polo que, de todas todas, estarase a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha maior comodidade dos visitantes, disporase de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.

En canto ao amplo programa de actividades, destacan a celebración, na súa NOVENA EDICIÓN, da FESTA DOS CALLOS o venres, 2 de outubro. Trátase, loxicamente, dunha festa gastronómica, dun produto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facen aos asistentes consiste no seguinte: os participantes, pola módica cantidade de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e un viño. En total teñen preparadas máis de 1.000 racións, que esperan que se esgoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa haberá un posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 5 €uros, os cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, rematará a Festa cun bó programa de baile a partires das 11 da noite, baile que estará amenizado pola orquestra “Charleston Big Band” e unha Discoteca Móbil.

En canto ao programa de actividades do sábado, 3 de outubro, consistirán en:
-13:00 horas: Misa Solemne e Procesión.
-14:00 horas: Sesión Vermú a cargo da “ORQUESTRA DELIRIO”.
-18:00 hora: Partido de solteiros contra casados, nun campo anexo ao da festa.
-22:30 horas (10:30 da noite): Verbena coa “ORQUESTA DELIRIO” e o “GRUPO FÉNIX”.

Por último, a Comisión quere dar as grazas a todas as persoas, institucións, empresas, etc. que desinteresadamente colaboran con estas Festas: Concello de Xove, comercios da zona, e un agradecemento especial para todos os veciños.

Exit mobile version