Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana de sendeirismo de “Terras de Lourenzá”

farraponaUnha trintena de camiñantes foron os que puideron desfrutar da segunda fin de semana sendeirista que organiza a Asociación “Terras de Lourenzá”. Se o sábado 19 realizaron a “Ruta dos Lagos”, de 14 kms, que os levou dende o Alto de la Farrapona ata Valle de Lago pasando polo conxunto dos Lagos de Salienza; o domingo día 20 realizaban a “Ruta da Braña de Sousas”, duns 5 kms, nos que puideron achegarse ata un conxunto de edificacións tradicionais dos pastores de gando do monte. Antes de volver a Lourenzá disfrutaron dun paseo en Pola de Somiedo, a capitalidade do Concello. Ó longo da fin de semana aproveitaron para desgustar comida típica asturiana.

Exit mobile version