Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acollerá o Día da Bicicleta o vindeiro sábado cun percorrido que empezará ás 16 horas no parque infantil de tráfico

Cartel día da bicicleta Foz 2015Foz, 23 de setembro de 2015.- O vindeiro sábado, 26 de setembro, Foz celebrará a décima edición do Día da Bicicleta, partindo do Parque Infantil de Tráfico e facendo o percorrido pola ruta das praias, ata chegar á zona de avituallamento que estará sita no parque do río Ouro. Posteriormente realizarase o mesmo percorrido á inversa para chegar ao punto de inicio.

Os interesados en participar poderán anotarse ata o venres 25 na Casa da Xuventude e o sábado poderán facelo desde as 15 ata as 15:45 horas no Parque Infantil de Tráfico. Ás 16 horas será a saída. O percorrido estará controlado pola Policía Local en coche e moto, ademais de Protección Civil.

Haberá premios para o participante máis novo, o máis veterano, o mellor disfrace e a bicicleta mellor engalanada. Ademais sortearanse diferentes regalos.

Este evento está organizado polo Concello de Foz e o Club Ciclista Foz e colaboran La Voz de Galicia, Motos Baltasar, Frutas Morriña, Gadis, Froiz, Living Sport e Isabel López Peluquería e Estética.

Exit mobile version