Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, Plataforma de Futuro” presenta unha moción para declarar o Concello de Foz libre de circos con animais e carruseis de ponys

Foz, 8 de setembro de 2015.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luis Alfonso Sixto Legaspi,Juán Luis gonzález Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luis Alfonso Sixto Legaspi presentou nas oficinas centrais do Concello de Foz para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O noso pobo non é alleo aos circuitos que establecen anualmente algúns circos e outras instalacións itinerantes coma os carruseis de ponys nas festas, que utilizan ou exhiben animais que sofren unha precariedade e maltratos continuos. Os circos son espectáculos culturais para o entretemento e o ocio, que deben ser compatibles cos dereitos dos animais.

Supoñemos que o Concello de Foz non pretende fomentar, nin directa nin indirectamente esta crueldade inxustificada e que, si se ven permitindo a instalación de circos con animais e carruseis de ponys, é pola falta de información do que acontece trás estes espectáculos. O circo é un espectáculo dirixido ao público infantil, pero os circos con animais e os carruseis con ponys seguen mostrando exhibicións propias do século pasado. Afortunadamente a nosa compresión do planeta e dos animais con quen o compartimos evolucionou, e esta evolución debe reflectir en todo o que facemos.

Aínda que estes espectáculos non sexan aparentemente violentos, en realidade son unha condena a cadea perpetua e traballos forzados para os animais cuxas vidas chegan a ser unha auténtica tortura tanto fora coma enriba do escenario ¿Como se pode inculcar o respeto hacia a natureza cando mostramos aos nenos animais salvaxes alonxados dos seu medio e permanentemente confinados en pequenos recintos e transportes, humillados, mal alimentados e golpeados?.

Gustaríanos que o noso Concello se unira á larga lista de localidades españolas que se declararon libres destes espectáculos modificando a normativa para prohibir e non acoller máis este tipo de instalacións .

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:

-Non permitir a entrada e instalación nesta localidade (tanto en terreos privados coma públicos) espectáculos de circos con animais ou carruseis con ponys.

-Declarar este Concello vila libre de circos con animais como así se acordou nunha moción presentada en xaneiro de 2014.

Exit mobile version